Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas

" A cociñeira Martiña" 1º Premio na categoría benxamín do certame "Candilejas Don Bosco" celebrado o 24 de xuño de 2017.

É un honor para todo o alumnado do 2º nivel do centro, o primeiro premio otorgado no certame de teatro Candilejas Don Bosco.
Recibimos premio á mellor actriz benxamina: Antía, nominación ao mellor actor benxamín: Tiago e varios actores e actrices destacados dos dous niveis. Noraboa a todos polo premio ao esforzo e ao traballo grupal ben feito. Grazas a todos os que directa ou indirectamente colaboráchedes na obra:o premio tamén é voso. E ás familias que estiveron aí en todo momento.



UNS MOMENTOS DA ENTREGA DE PREMIOS

 



Premio a cociñeira Martiña
VÍDEO DA OBRA COMPLETA

O MAGO REBO

Obras participantes no Certame de teatro Don Bosco: 2º e 5º nivel

          O 22 de maio sobre as once  da mañá partimos do colexio cara o Calvo Sotelo, os nenos de 2º nivel e unha parte dos de quinto, acompañados das profesoras Anlle, Elisa, Marga e Isabel, xunto con Marcelo, o papá de Lucía que nos axudou un montón; todos íamos coa ilusión dos principiantes para que as nosas obras de teatro gustaran ao público presente.
        Tras as montaxes da mañá, os xogos e a comida conxunta... deron as catro e media da tarde e abriuse o telón. Todos explotaron o actor que levan dentro, e as obras quedaron así de creativas, para disfrute de todos.
         Oxalá o 24 de xuño, o xurado lembre as nosas obras cando no teatro Colón se entreguen os premios. Bravo, chicos!




 


O NACEMENTO DO DRAGÓN

Hoxe, mércores 20 de maio, os alumnos de 2º B representaron para os compañeiros doutros cursos, a súa obra de títeres:" O nacemento do dragón", seguindo o Proxecto de centro sobre China. Realizárono en dúas sesións.
       Tanto a posta en escena coma a interpretación foi moi aplaudida polos compañeiros que lles resultou curta (segundo comentaron ao chegar á clase os de 2º A).
        A profesora e intérpretes queren agradecer as profes Elisa, Isabel e Chus a súa axuda na planificación da obra e a compañeira de 2º A, Sofía, pola súa presentación. Noraboa a todos!
         Este vídeo enviarase a Normalización lingüística coma unha actividade  de  galego do  noso centro.




A ratiña presumida

                                 
TEATRO LAS EMOCIONES  from anllencarna on Vimeo.

CARAPUCHIÑA DE CORES

Os nenos de 2º nivel representaron o xoves 22 de maio, no noso centro, a obra de títeres "Carapuchiña de cores" que foi escrita por Mencía a irmá de Marina de 2º A. Os nenos estiveron en todo momento moi motivados e a súa presentación foi para os compañeiros de E. Infantil e primeiro Ciclo de Primaria.

CARAPUCHIÑAS - 2º - BASEDÚAS

CLIQUEA NO CADRADO PARA VISUALIZAR EN PANTALLA COMPLETA


TRABALLOS EXPOSICIÓN 1º CICLO LETRAS GALEGAS

Programamos as profes xuntas, xuntos tamén os catro cursos, deseñamos as actividades a realizar cos contos de Carapuchiña, Os chibos,chibóns e Garavanciño da autora Olalla González tras a súa sesión de contacontos, traballamos os libros.

VISITA Á BIBLIOTECA

 O martes e o xoves os nenos foron á Biblioteca González Garcés na que nos explicaron o seu funcionamento.
 Logo disfrutamos dun vídeo, que xa subiremos.
 Finalmente Elena fíxonos unha sesión de contacontos moi interesante.
Que ben o pasamos!!!




CONTACONTOS - GARABANCIÑO



E por que non imaxinar o mundo ao revés? Aquí podedes ver e xogar cunha nova versión de garavanciño cando xa era grande. Divertidísima!!!