Hoxe, mércores 20 de maio, os alumnos de 2º B representaron para os compañeiros doutros cursos, a súa obra de títeres:" O nacemento do dragón", seguindo o Proxecto de centro sobre China. Realizárono en dúas sesións.
Tanto a posta en escena coma a interpretación foi moi aplaudida polos compañeiros que lles resultou curta (segundo comentaron ao chegar á clase os de 2º A).
A profesora e intérpretes queren agradecer as profes Elisa, Isabel e Chus a súa axuda na planificación da obra e a compañeira de 2º A, Sofía, pola súa presentación. Noraboa a todos!
Este vídeo enviarase a Normalización lingüística coma unha actividade de galego do noso centro.