Estes nenos e nenas atrévense con todo. Partindo dunha peza, que representaba un sexto ou un oitavo dun cadro de Miró, completárono usando ceras duras. Saíronlles estas bonitas copias que vedes.
Paseniño, paseniño, o Proxecto Miró vai facendo camiño. Xa nos atopamos na terceira e cuarta fase do mesmo. Tras visualizar a obra do pintor, os alumnos, con pintura aguada (acuarela) en forma de mancha realizaban a súa propia creación (3ª sesión). Na seguinte fase (cuarta sesión) rescataban o seu personaxe repasándoo con cera negra ou rotulador. Posteriormente graváronse relatando cunha frase curta a súa obra. Quedaron así de bonitos!
O venres 24 realizamos a segunda sesión do Proxecto Miró. Os nenos dos dous cursos tras visualizar en vídeo os cadros do pintor, baixaron ao pavillón para en grupos de oito e no chan, realizar un mural imitando a obra de Miró baixo a súa perspectiva. Todos disfrutamos moito con esta actividade!
O venres, 17 de abril, na primeira sesión, xuntáronse as dúas clases de 2º para iniciar o proxecto:"Mirando a Miró". Comezamos cun vídeo no que o alumnado visualizou varios cadros do autor. A continuación opinaron libremente sobre as súas impresións da mostra.