" A cociñeira Martiña" 1º Premio na categoría benxamín do certame "Candilejas Don Bosco" celebrado o 24 de xuño de 2017.

É un honor para todo o alumnado do 2º nivel do centro, o primeiro premio otorgado no certame de teatro Candilejas Don Bosco.
Recibimos premio á mellor actriz benxamina: Antía, nominación ao mellor actor benxamín: Tiago e varios actores e actrices destacados dos dous niveis. Noraboa a todos polo premio ao esforzo e ao traballo grupal ben feito. Grazas a todos os que directa ou indirectamente colaboráchedes na obra:o premio tamén é voso. E ás familias que estiveron aí en todo momento.



UNS MOMENTOS DA ENTREGA DE PREMIOS

 



Premio a cociñeira Martiña
VÍDEO DA OBRA COMPLETA

DESPEDIDA


                       BOAS VACACIÓNS!

            


    

       

  
Desde setembro do 2016 ata xuño de 2017 estivemos todos vendo como o noso blog abría as súas páxinas e variedade de traballos quedaron fotografados nel.
      Foi para as dúas titoras un medio de estar en contacto con todos vós e un pracer realizalo.
     Agora toca darlle un merecido descanso estival, igual que a todos vós. Grazas por utilizalo, xa que sen as vosas visitas non tería sentido a súa vixencia. Biquiños e ata setembro.
                                   Anlle e Isabel

O luns, 19 visitounos Santiago, o papá de Artai, para darnos unha charla de informática.


Santiago presentación

Santiago comezou cunha presentación sobre contidos informáticos. Logo fixo un percorrido pola historia da tecnoloxía informática. A continuación formulamos preguntas e  finalmente manipulamos os diferentes obxectos traidos.

O MAGO REBO