O venres 11 de novembro celebramos o Magosto no cole.


O venres, na sesión de Plástica, cambiamos a actividade programada, por outra relacionada coa celebración do día: un pai-pai de castañas. Para facelo deben de traer un pau, máis ben longo ou do tipo xeado; máis práctico é tipo fondue (palillo longo)



Esta mañá levaron unha nota informativa para que trouxeran o mércores ou xoves castañas crudas encetadas (cun pequeno corte para que non estalen) Moitas grazas.


Unha canción do Magosto para cantar na sesión de plástica.