Voltamos á casa coa estatuilla do 4º premio do certame de teatro Candilejas 2015.

É para todos nós un recoñecemento acadar o 4º Premio na categoría benxamín. Ademais tivemos a varios actores destacados: Xiana, Lucía Fernández, Sofía, Martín, Antonio, Rubén e Diego Mella 
A obra de 5º curso"Percebes para a crise" recibiu o 5º premio. Xa temos os diplomas de todo o alumnado que podedes recoller no colexio pola mañá ou en setembro. 
     Entre as dúas obras e o baile conseguimos uns 240 euros que é unha axudiña, para todos os gastos que leva consigo unha obra, engadindo a axuda que prestades nas casas. Queda para cubrir gastos do invertido do teatro do cole!
                                              Parabéns!!!