Bailarinas da "Horta de balbina"

As seis nenas que inician a obra de teatro co baile "A horta de Balbina", terán que traer o pelo cunha diadema cun tono que combine coa cor da saia ou da blusa. Ou se o prefiren un recollido lateral, ou unhas gomiñas  de cores nunha coleta  ou unha cinta plateada ... de xeito que non se lles metan os pelos na cara ao bailar, aínda que non lle recollan de todo o pelo. Teñen que vir peinadas á entrada, porque xa sairemos de mañá do colexio.
             As cores das faldas son azul claro, vermella, amarela, verde, rosa e a de Stephanie de coloríns misturados. (As típicas teas finas de disfraz) As blusas aterciopeladas: marróns, azuis, verdes, vermellas... rematadas cunha cinta plateada.