Facemos trufas de chocolate coa profe Carmen.
Este taller de cociña é unha das actividades propostas polo Equipo de Normalización Lingüística do centro e os nosos cursos tivemos a sorte de ser este ano os elixidos para a experiencia.
Saíronos moi ricas e desfrutamos moito coa receita e a súa realización. Cada neno ao día seguinte levou dúas trufas á casa para saborealas tranquilamente.
Animádevos a facelas en familia!