O martes ás dez da mañá saímos en autobús cara o porto. Ao chegar alí recibíunos a nosa guía María, que nos explicou e nos preguntou diversas cousas do funcionamento do porto. Logo pasamos á parte práctica: vimos os paneis de control de todo o porto e fixémoslle preguntas ao traballador.
Posteriormente, realizamos un simulacro dunha subasta e logo Juan ensinounos diversos peixes que ían a ser exportados: un tiburón, un congrio, unha sepia, un centolo, unha gamba e un ourizo de mar.
Finalmente, vimos a sala das subastas reais, Juan levounos a un tubo longo do que saía xeo e fixemos unha guerra de xeos entre todos.
Foi moi divertido. Grazas a todos pola vosa amabilidade.