O Entroido no Ceip Ramón de la Sagra.

Adiantamos o recreo para dar tempo ao alumnado, a dar os últimos preparativos ao seu disfrace, para ás 12:00h sair puntualmente as comparsas á rúa. As familias esperaban expectantes para ver o colorista desfile. 
O tema de cada nivel estaba en relación co proxecto de centro: "Con rumbo polo mundo"Saíu en primeiro lugar o alumnado de E. Infantil representando o mundo, logo os turistas, os gondoleros venecianos, as bandeiras, a propia praza de María Pita, e finalmente unha representación dos diferentes países interpretada polos alumnos maiores. Previamente nas aulas e corredores decoráronse con motivos da celebración. Deixamos aquí unha pequena mostra do realizado.