Non sei se son a persoa idónea para escribir o texto deste vídeo, xa que son a súa titora; pero hoxe coma moitas outras veces, sentínme orgullosa dos meus alumnos. Á vista está, o seu traballo quedou superlucido no certame de teatro do Calvo Sotelo. Cada un deles, do primeiro ao último dou o mellor de sí mesmo. Sempre grazas: o voso esforzo mereciu a pena!
Non quero rematar sen dar as grazas a todas as compañeiras e moi especialmente a Anlle, Elisa, Chus, Encarna, Begoña e J. Manuel que colaboraron no proxecto, ás nenas de 5º e 6º nivel que aportaron as súas voces e por suposto ás familias. Grazas en nome de todos.
Nota: Na primeira narración veredes a pantalla escura. Non ten o vídeo moi boa resolución debido aos focos.