O venres 28 de novembro, ás 12,15h comezou o taller impartido por David, ás dúas clases de 2º.
Iniciou a presentación a súa filla Irene. Logo David fixo unha excelente presentación-coloquio interactuando co alumnado. Os nenos amosaron interese coa súa ponencia e formularon preguntas ao visualizar os vídeos preparados por David.
O remate da actividade consistíu na realización dun reloxo solar por parte de cada neno e a explicación do seu funcionamento.
Estiveron moi atentos e colaboradores, síntoma de que lles gustou o taller.
Moitas grazas, David polo teu traballo. Os presentes corraboramos de que eres un experto no tema!!!