Obras participantes no Certame de teatro Don Bosco: 2º e 5º nivel

          O 22 de maio sobre as once  da mañá partimos do colexio cara o Calvo Sotelo, os nenos de 2º nivel e unha parte dos de quinto, acompañados das profesoras Anlle, Elisa, Marga e Isabel, xunto con Marcelo, o papá de Lucía que nos axudou un montón; todos íamos coa ilusión dos principiantes para que as nosas obras de teatro gustaran ao público presente.
        Tras as montaxes da mañá, os xogos e a comida conxunta... deron as catro e media da tarde e abriuse o telón. Todos explotaron o actor que levan dentro, e as obras quedaron así de creativas, para disfrute de todos.
         Oxalá o 24 de xuño, o xurado lembre as nosas obras cando no teatro Colón se entreguen os premios. Bravo, chicos!