DIARIO Nº 1 - BASEDÚAS

                           Apuntes sobre o diario
As titoras queremos destacar a importancia do diario como medio para adquirir unha boa redacción. Para que se cumpla a finalidade do mesmo, debedes de facelo con tranquilidade, usando ben o punto, frases curtas, cada vez máis orixinal. Realizar debaixo un bonito debuxo, ben repasado, rotulado e con bonitas cores pintado. Hai moita diferenza dos nenos que o fan seguindo as pautas e os que o presentan a correr e por cumplir.