Unha consideración sobre a localidade de Betanzos. Grazas familia pola vosa aportación!

   Betanzos cidade histórica e antiga capital de Galicia (actualmente é un municipio e a capital dunha comarca da provincia da Coruña)
   O noso blog ten a grandeza de ser algo aberto tanto para os nenos coma para as súas familias. É por iso que temos que rectificar  e declarar a título histórico- honorífico a titularidade de Betanzos como CIDADE, aínda que a nivel xeográfico moitos estudosos das Ciencias Sociais sígana a considerar por tamaño e habitantes unha vila (Os maiores poden ler o artigo: "BETANZOS, COMO CIUDAD José Antonio Femández de Rota y Monter Catedrático de Antropoloxía Universidade da Coruña)
Á volta a clase un alumno daranos unha explicación da súa investigación e os betanceiros agradecerán esta corrección a nivel histórico.