PROXECTO ELIXIDO: "Con rumbo polo mundo"

O venres 9 de decembro, os alumnos de todo o centro achegáronse á mesa electoral do corredor do primeiro andar, para elixir o proxecto gañador entre os dous finalistas:"A miña casiña, o meu lar" e "con rumbo polo mundo", sendo este último o gañador e o fio condutor de moitas das actividades do vindeiro trimestre. Noraboa aos membros da mesa polo seu bo facer e a todo o alumnado polo bo comportamento na elección.