RELATANDO CHINA (Proxecto China)

Durante este trimestre estivemos a traballar diferentes aspectos da cultura China, comezamos por un conto "A fábrica de ouro",e continuamos coa situación xeográfica, escritura, o propio nome, numeración, o calendario, o Ano Novo, arquitectura, escultura, flora , fauna, inventos: o tangram... Realizamos exposicións temáticas, colocamos un recuncho con materiais e obxectos diversos na aula, deseñamos presentacións e vídeos, ollamos libros, confeccionamos desfraces, montamos un bloc de traballos e narramos a  nosa experiencia no diario...
A continuación, os alumnos relatan os diferentes temas traballados. Os textos lidos corresponden a unha páxina do seu diario persoal, onde narran libremente o traballado na aula.