Taller de reciclaxe de xoguetes.

Hoxe, 18 de novembro, os nenos de 2º nivel realizaron un taller de reciclaxe de xoguetes.Utilizaron folios, cores, pegamento, brik de leite e tesoiras. Comezaron pintando unha boca nun folio e logo uns ollos. Decorárono coa figura elexida. Logo recortáronlle a boca e pegárono no brik, tras recortarlle unha das partes do envase. Crearon bonitas figuras.
       Antes do traballo manual a ponente, Laura, proxectoulles unha presentación da creación de xoguetes con diferentes materiais. Houbo un bo anaco de tempo de debate. Moitas grazas, Laura, moi didáctico o taller. 
Pica na imaxe para ver a presentación da ponente.

Os nenos de 2º B nun momento do taller.