MIRADAS AL MUNDO


 Hoxe vimos un vídeo de como viven os nenos de África e os seus familiares.
 María de " Miradas ao Mundo " é a encargada de levarlle os medicamentos e outras cousas necesarias.



Os nenos de Guinea Bissau danlles as grazas a todos os nenos de España. A todos eses nenos que cun gran esforzo de facer mercadillo no seu colexio, traer os seus contos e os seus xoguetes, vender pulseiras,organizar partidos solidarios,unha pequena cooperativa..., fixeron realidade o soño de conseguir unha escola nova con tres aulas.
Esa escola daralles unha oportunidade de futuro.
Grazas aos nenos do colexio Ramón de la Sagra.