O MAGOSTO

 O MAGOSTO 
O día 15 de novembro celebramos esta festa na que a protagonista é a castaña. Durante a semana falamos do castiñeiro, da castaña e do Magosto. Tamén escoitamos e traballamos algúns contos sobre ela. Ademais decoramos a cortiza cunhas simpáticas castañas debuxadas por nós. Pero o mellor foi comer castañas, mancharse con elas e bailar no patio.