O CORPO - PLÁSTICA ALUMNOS

                 COMO SE DEBUXA UN NENO SEGUINDO A GLORIA FUERTES

Primeiro, a mestra leu o poema de Gloria Fuertes titulado "Cómo se dibuja un niño".
A continuación, seguindo a letra do poema que se proxectaba na pizarra dixital, cada neno ou nena debuxouno nunha cartolina branca.
Que ben quedaron!

                          PASE DE DIAPOSITIVAS


                      DEBUXAMOS E PINTAMOS A NOSA FIGURA
  O venres, día 18 de outubro, os nenos e as nenas de 2º debuxamos e pintamos a nosa figura.
  Primeiro, nunha cartolina branca marcamos con cera negra grosa a cabeza e a nosa silueta vestidos con dúas prendas.
  Despois, cun  pincel fino e  témperas azul, amarelo e vermella, pintamos a prenda superior.
 A continuación, mesturando colores, completamos con colores secundarias a prenda inferior e o calzado.
  Por último, démoslle colores primarias ou secundarias ao pelo, á cara e ás mans.

                             PASE DE DIAPOSITIVAS