ENTROIDO

 O  venres 13 celebramos o Entroido. Este ano, e como vén sendo habitual, pasado por auga. 
 En fin...a nosa terra é así! 
A nivel curricular traballamos o máis característico do Entroido Galego. Fixemos carautas de monstros e do teatro chino co que decoramos os espazos. Saímos ao patio disfrazados de chinos. Subimos ás aulas e degustamos unha tarta china e lambetadas traídas por Xiana. Pasámolo ben, aínda que non saímos en comparsa pola rúa. Aquí queda unha pequena mostra.